Ao longo de toda a súa andaina na canle pública galega, “Luar” converteuse no programa musical e de humor máis visto en Galicia, que cada venres superou amplamente en audiencia aos seus competidores. Ademais, nestes vinte anos en antena, “Luar” é o único programa do seu xénero en todo o panorama televisión estatal que abrangue arredor das tres horas en directo.