O rei da comedia. CTV (2002-2004)

O rei da comedia. CTV (2002-2004)

2002

O Rei da Comedia: Comezando xa a incorporación da programación de verán, o

domingo 9 de xuño, experimentase un novo formato, dirixido a un público familiar, en

horario de máxima audiencia. Un programa concurso que xiraba en torno ó mundo do

humor televisivo. A duración de cada edición, con emisión en directo, era duns 125

minutos. O humorista Fernando Acebal, e Isabel Blanco foron os encargados de

conducir este programa. Xunto a eles, Leticia Vilar, era encargada das conexións desde

o exterior. O Rei da Comedia era un programa de humor, pero tamén é un concurso de

tele realidade. A novidade máis salientable do formato centrábase en que estaba

confeccionado polos propios concursantes que eran sete e sempre os mesmos ó longo

dos trece programas. Os espectadores, a través do teléfono, valoraban o traballo dos

aspirantes e elixían, de entre todos eles, quen levaría o título de “Rei da Comedia”.

 

2004

O Rei da Comedia, segunda fase: Case a finais de xaneiro, o día 29, comeza a emisión

da segunda temporada deste programa que tivera a súa primeira edición no verano de

2002, con Fernando Acebal. Esta segunda fase, que tivo como obxectivo descubrir

novos valores do humor, foi presentada polo mago Luis Boyano. O xurado estaba

composto por Roberto Vilar, un dos compoñentes de Os Tonechos, aínda nestas datas

dentro do musical “Luar”, e as actrices Paula Carballeira e Iria Piñeiro. O xurado era o encargado de aconsellar e criticar ás actuacións dos concursantes, pero seguían sendo os

espectadores cada semana os que decidían a través de chamadas telefónicas quen

continuaba ou abandonaba o espazo.

O programa, idea orixinal da empresa galega Zopilote S.L. e producido por CTV para a

Televisión de Galicia, reaparecía nesta temporada cunha imaxe renovada, cun deseño e

cores actualizados. A Banda do Rei, grupo dirixido polo músico lucense Piti Sanz,

achegaba sons compostos por eles especialmente para animar o desenvolvemento de O

Rei da Comedia.