Grupo de Creación Sonora. Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo)
DIRECCIÓN: M. Inmaculada Cárdenas
Despois de 15 anos de traballo, o Grupo de Creación Sonora da Universidade de Santiago entra nunha nova etapa na que pretende que o público en xeral coñeza máis de cerca as súas propostas. Con este fin e durante este curso académico, propóñense dúas liñas de traballo:
Por un lado os SONS CREATIVOS, plataforma de intercambio cultural, investigación e creación sonora, chegará no ano 2014 á súa sexta edición. Para estas xornadas, que se programarán arredor do mes de maio como vén sendo habitual, estase a traballar nun proxecto no que teñan cabida novos artistas galegos, ademais dos investigadores, artistas e músicos das distintas universidades convidadas, incluíndo intervencións, performances e propostas relacionadas coa arte sonora e coas músicas máis alternativas.