Mañá será outro día: O día 5 de xullo estrease, en horario de máxima audiencia, este
talk show que tiña por obxectivo descubrir cómo cambiaron as nosas vidas durante o
período entre os anos corenta ós oitenta. Cada unha das trece edicións do novo
programa, presentado por Tomás Alonso e Beatriz Oviedo, centrábase nun tema
determinado, como foi o caso do turismo nos anos 60, os anos dourados de Eurovisión
ou os recordos da infancia. Pero as entrevistas a personaxes famosos nas cinco décadas
que abarcaba o espazo foron o ingrediente fundamental.