Orfeón lucense (1992-1993)

Orfeón lucense (1992-1993)

https://www.orfeonlucense.com/

O Orfeón Lucense foi fundado a finais do século XIX polo compositor galego Xoán Montes, que foi o seu director durante moitos anos.

O actual Orfeón Lucense reestruturouse en 1982 grazas á iniciativa de José Castiñeira Pardo, Mestre Capela da Catedral de Lugo, que taméncreou, co patrocinio da Deputación Provincial lucense, a Escola de Canto que agora leva o seu nome e que é impulsada polo Orfeón.

No ano 1989 faise cargo da dirección Nemesio Gutiérrez González, alumno de José Castiñeira, do que recibiu as súas primeiras leccións de solfexo e canto no Seminario Diocesano de Lugo, onde foi neno cantor e organista da Schola Cantorum, proseguindo a súa formación musical no Conservatorio da Coruña e licenciándose en Musicoloxía pola Universidade de Salamanca.

Nesta nova etapa, o Orfeón, integrado por medio cento de voces mixtas, participou en numerosos encontros corais, tanto nacionais como internacionais, e en diversas ocasións realizou gravacións para a radio e para TELEVISIÓN LUGO, TELEVISIÓN GALICIA e TELEVISIÓN ESPAÑOLA.

En 1992 representou, acompañado pola Banda Municipal de Lugo, a zarzuela galega “Non chores, Sabeliña”, con texto de Trapero Pardo e música de Gustavo Freire.

En 2007-2008 celebrou o XXV aniversario da súa creación e o CXXVIII da creación do primeiro Orfeón Lucense por Xoán Montes.