Safari Orquestra (2002-2015)

Safari Orquestra (2002-2015)

Safari Orquestra é unha formación que nace en Lugo polo ano 2002 da man do productor Arturo Vaquero, e os músicos Emilio López Xermán Viluba. En principio foi concibido como un proxecto de estudio, pero o desexo do seus membros por tocar en directo, leváronos a xuntar unha banda con solvencia para poder
amosar a súa proposta nos distintos escenarios de Galicia.

... Ó longo destes anos mostraron o seu proxecto en directo por diversos puntos da xeografía galega e
española, chegando a compartir escenario con nomes coma Jorge Drexler, Pastora, Narf, Facto de la fe, Marful, Loretta Martin etc. con presentacións internacionais dos seus compoñentes por Brasil, Arxentina, Alemaña, Portugal, Marrocos.

Para a posta en escena Safari Orquestra conta con un Dj e produtor, saxo, baixo e dúas voces, unha
formación novidosa e de contrastada eficacia.
Actualmente están inmersos na produción e presentación do seu novo e primeiro disco Ben Deitei, editado polo selo VIR.

 

Safari Orquestra son:

-Alvaro Pardo (Dr. Think): Dj, samplers, efectos.
Álvaro foi un dos pioneiros no mundo dos dj’s en Galicia. Dende a súa promotora Trasnosound é tamén impulsor de diversos tipos de eventos músico‐culturais, todos relacionados coa música electrónica e de club. Actualmente forma parte do grupo Telémaco.

-Miguel Martinez (Rulos): Saxo,flauta traveseira. Rulos é profesorde música e saxofonista. Vén de diferentes estilos musicais para
recalar en Safari. Entre outros grupos, estivo militando en Zootropo, Kozmic Muffin... E todo tipo de proxectos que levasen a
música negra como base das súas composicións. Ten un estilo directo e propio á hora de tocar. Coma Álvaro, tamén é parte importante do grupo audiovisual Telémaco.

-Laura Romay:Baixo. Laura é unha das poucas mozas baixistas que temos en Galicia. Tamén se formou en diferentes bandas galegas,
como pode ser Holywater cos que gravaría disco. Actualmente forma parte de Safari Orquestra e tamén do proxecto Kentokakí, que practican música Klézmer. O seu estilo peculiar e preciso
levouna a recibir moi boas críticas por parte da prensa especializada.

-Emilio López: Voz, samplers. Emilio é un dos ideólogos desta orquestra con Viluba e Vaquero. Foi voz e letrista do grupo Skornabois (Skornabois ídem Chorima 1998, entre os dez mellores
discos da historia do rock galego) e do proxecto multidisciplinar Alkarpa. Actualmente encárgase da produción co seu cómplice nesta Safari Orquestra, Arturo Vaquero.